miércoles, 18 de noviembre de 2009

Esquema principal de traballo primeira avaliación

ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO

2º BACHARELATO

PROFESORA : MARIA LUÍSA SILVELA COSTOYA

Da Natureza á Convención
A orde natural é pouco solidaria ……… pon exemplos
Racionalización dos comportamentos solidarios
Dimensión Moral
i. Liberdade humana como apertura de posibilidades: inventar a propia vida ( aspectos da túa vida inventados por ti )
A Cultura e a orde moral
A cultura como comportamentos e valores normativizados
Os Códigos morais : normas relevantes que che afectan
A Socialización e os seus axentes
A Ética
A Publicidade como valor e contravalor
i. Adeus á Publicidade (Oliviero Toscani) Lembra os traballos dos anuncios e visita as fotos de Bennetton facendo algún comentario.
Compara os valores morais da época de ALATRISTE( película ) cós da nosa época

Lexitimación dos Códigos Morais ó longo da Historia

Posturas emic e etic
Se trata de facer un relato no que ti te imaxinas ser un extraterrestre e vas a observar comportamentos humanos describindo o que chama a atención dende a racionalidade.
Eses mesmos comportamentos debes xustíficalos dende unha postura emic.

NOTA: Os alumnos/as que fan traballos para a radio aplicarán este coñecemento na elaboración do guión dos temas elegidos .

Consultar : http://www.significantesignificado.blogspot.com/
http://blog.educastur.es/lechuzaminerva/presentaciones-de-filosofia/
http://www.e-torredebabel.com/

LEMBRADE
Criterios de Cualificación:

Dada a metodoloxía eminentemente práctica que se empregará na materia considerarase indispensable a realización de todas as actividades propostas en clase e que deben quedar rexistradas nos cadernos individuais. O caderno debe estar a disposición do profesorado sempre que sexa requirido.



.

Na avaliación faranse as medias aritméticas:

1º. Avaliación e cualificación do traballo do alumnado na aula anotadas durante o período trimestral, representará o 10% da cualificación.

2º. Avaliación e cualificación da capacidade de análise crítica e argumentativa sobre un dilema ou feito actual de estreita implicación para a ética e a filosofía do dereito, representará o 10% da cualificación.

3º. Avaliación e cualificación das probas escritas (unha por avaliación), representará o 80 % da cualificación.

4º. Realización dun traballo (sobre libro, película, recopilación de novas, investigación, etc.) ao longo do curso relacionado coa temática dos Dereitos Humanos, será cualificado na proporción de 0 - 1 puntos e a nota aumentada á nota global do alumno/a en xuño.

Ahí tendes páxinas sobre dereitos humanos: quero que me digades a vosa opinión
http://www.youtube.com/watch?v=Njxd5V_dgXo
http://www.youtube.com/watch?v=4Y3uNNcU06s
http://www.youtube.com/watch?v=X3Ili-1Pu10&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=CME5NHa7Nfk&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=Zsv8uv-XsQU&feature=related

No hay comentarios:

Publicar un comentario